domingo, 9 de julio de 2017

Coas chaquetas remendadas


“Coas chaquetas remendadas”, un poema que fala da emigración e que pertence ao libro "Cartafol de Néboas".






Os homes saíron desde o peirao
coas súas maletas de soños,
as chaquetas remendadas,
e nos amargos corazóns
feridas de navalla.


Buscaron vida sen vivila
entre choivas bretemosas
e o vento falando un idioma estraño.
Fixeron medrar escolas e edificios
nas aldeas sen futuro onde naceron,
nos pobos que se perdían nos mapas,
construíron pantaláns de cultura,
para calmar a dor ácida da distancia.


Con valentía saltaron muros de formigón
e lavaron os seus rostros con auga de prata,
con neve suíza, ou brisa cubana
escribiron cartas con reuma salgada.


E foron “gallegos”, estirpe valorosa
con cuño na fronte e bandeira no acento,
deixando anacos de músculos
pegados nas paredes das fábricas do inverno.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

h