No día Mundial da Poesía un poema do libro "Cartafol de Néboas" titulado "A balsa de madeira".
Sempre
soñei con construir
unha balsa de madeira e neumáticos
e baixar polo río Grande
coas troitas danzando,
mentres eu avanzaba,
nas mansas augas douradas polo sol.
Pero quedei sentado na beira,
para sempre, cos pés mollados
e unha canción de Creedence
apousada nos beizos,
cunha gamela xubilada
e os restos dun barco destruido.
E quedei sentado na beira
pisando esqueletes de cangrexo,
plásticos bastardos,
mirando a procesión do río
para convertirse en mar,
coma os nenos de pantalóns curtos
nadando ata océanos de adolescencia.
Observando muiños sen voz
e a vella ponte con cemento na alma,
e sangue de pedra,
buscando unha razón que me aliviara
da roda quente do progreso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario