miércoles, 30 de diciembre de 2015

Que se cumpran os vosos soños


Un artigo con bos desexos para este ano 2016.



Chegamos ata aquí. A fronteira dun novo ano. En cuestión de segundos damos un salto pequeno en termos contables pero máis grande en ilusión e bos desexos. De 2015 a 2016. Como o ano pasado e se Deus quere, tamén para o vindeiro.


Agroman sentimentos positivos, e rodeados de seres queridos erguemos un facho luminoso de esperanza, de novos proxectos, da arela de querer deixar atrás unha etapa mala, ou por pedir que non quede, tentar superar uns momentos óptimos.


En ambiente de celebración cumprimos o ritual do inicio dun novo ciclo nas nosas vidas. Contaxiados por un corrente de sensibilidade que semella invadir os nosos pobos nestas datas festivas, transmitimos boas vibracións, lembramos ós que quedaron no camiño e continuamos adiante.


E tamén eu, neste último artigo de 2015 quero saudar a tódalas persoas que perderon algún tempo da súa vida en ler este blog ou o diario Adiante Galicia. E desexar a tod@s un ventureiro 2016, e como para seguir sendo repetitivo, co meu desexo de que se cumpran cando menos unha parte importante dos vosos soños.


Saúde e sorte

No hay comentarios:

Publicar un comentario

h