"Na Estafeta da miseria" é un poema de denuncia social que narra a historia dun neno criado nos subterfuxios da sociedade.
No
seu cuarto nunca estivo Peter Pan,
só
un mago de cinza e zucre
debuxado
cos dedos cansados,
na
sufrida mesa de pau.
Demasiado
lonxe estaban as estrelas,
para
poder falar con elas,
nin
a lúa autista
agardaba
as súas verbas.
Chegaban
as noites amargas,
con
berros envoltos en alcohol,
golpes
secos na cara,
nun
frío que xeaba o alma.
Pasaban
as horas lentamente,
no
trauma incubado no corazón,
con
preguntas as paredes,
¿Porqué
e necesaria tanta dor?.
Nunca chegou aquela bicicleta amarela,
como
as que lucían nos escaparates luminosos,
dos
grandes comercios da cidade,
cubertos
de neón e de sorrisos de nenos.
Na
estafeta da vida miserable,
os
Reis Magos non recollen as cartas,
co
vapor nos ollos, e feridas nas costas,
pensaba
que o futuro era unha farsa.
Conformábase,
con que a sorte,
estivera
nun bidón,
ou
nunha amnistía do destino,
para
nunca máis ter medo.
Medrou
sen ver a Peter Pan,
as
letras que coñeceu,
estaban
na sopa requente,
non
lle quedou máis remedio que existir,
e
o pai morreu sen doerlle.
O
seu lapis foi unha navalla,
e
as carreiras, as que se botaba
fuxindo
das patrullas verdes,
no
ventre da madrugada.
A
escola dos sumidoiros e dos cornechos,
das
ratas do vicio, das agullas tenebrosas,
tantos
silencios queimados na infancia,
quen
será o que move os fíos da sorte.
Todo
rematou unha mañá, con vento do norte,
un
banco atracado, un motín xeneroso,
unha
vida de maltrato e un duro fin,
co
seu coche esnaquizado contra un poste.
Do libro "Cartafol de néboas"
FOTO Dreamstime
No hay comentarios:
Publicar un comentario