“Os camiños bifurcados da memoria” xurdiu coma unha necesidade íntima de contar unhas historias que me latexaban no interior. Dixen nunha entrevista que é un libro “que recende a salitre e a herba recén cortada, que está manchado de terra”. Porque así o sinto, porque cada vez que me fixo nunha destas historias vexo algo da miña de terra ou da miña vida buligando por entre as palabras.
Porque se a a pregunta é se hai algo de biográfico nesta obra a resposta é afirmativa. Pero como dixen algo, tamén engado que só unha parte. Está ambientada na Costa da Morte e recuperanse episodios históricos como a guerra civil, o embarrancamento do Casón en Fisterra, o fracaso de selección española nos mundiais do 82, ou o asasinato en mans de ETA de Manuel Lemus Noya, paisano meu da Ponte do Porto.
Pero hai moitas situación e temas ficticios.O persoeiro é Adrián, que morre afogado e comenza a visualizar a película da súa vida. Ai comenza o libro. Penso que o mellor é que o leas. Está en Amazon tanto en formato Kindle como físico.
Para que este libro fora realidade contei coa axuda de Rubén Pais, o xerente de Korku Soft, que me botou unha man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario